Cartelle actualiza o horario do Pavillón Polideportivo para facilitar o acceso ao deporte

O Concello de Cartelle vén de anunciar unha modificación no horario do Pavillón Polideportivo municipal co obxectivo de favorecer o uso destas instalacións por parte da veciñanza e fomentar hábitos de vida saudables.
Segundo a información facilitada polo consistorio, o novo horario estará vixente de luns a venres, dividíndose en dúas franxas ao longo do día. Polas mañás, o pavillón abrirá entre as 9:00 e as 13:00 horas, mentres que pola tarde o fará de 16:00 a 21:00 horas.
Dende o Concello animan á cidadanía a aproveitar este espazo deportivo, situado na Estrada de Gueral 3, no lugar de Outomuro, como punto de encontro para a práctica de exercicio físico e actividades deportivas. As persoas interesadas en obter máis información poden contactar co pavillón a través do teléfono 988 492 160.