Suspéndese a XXXV Regata de Piragüismo da Festa da Empanada en Allariz polos incendios

OurenseXa
Desde o Club Piragüismo Fluvial Allariz lamentan a decisión da Xunta, que afecta únicamente a actividades federadas
Regata Provincial de Piragüismo, Allariz, 2023
22 Aug 2025

A Federación Galega de Piragüismo anuncia a suspensión da XXXV Regata de Piragüismo prevista para este domingo no río Arnoia, coincidindo coa Festa da Empanada. A decisión adopta tras a circular da Xunta de Galicia que indica a suspensión de toda actividade deportiva federada náutica e acuática na provincia de Ourense “ata novo aviso”.

Desde o Club Piragüismo Fluvial Allariz, organizador da proba, lamentan a medida, xa que, explican, o tramo do río onde se ía celebrar a regata non ten acceso para medios aéreos de extinción debido á súa orografía e á abundante vexetación, e nunca se rexistrou a necesidade de intervención de helicópteros nesta zona. A pesar de solicitar por escrito unha autorización especial para manter a competición, a Xunta respondeu que “non se fan excepcións”.

A suspensión da regata, sinalan, implica un impacto económico importante para os organizadores, xa que se contrataran servizos de ambulancia, avituallamento, seguridade acuática, permisos na Confederación Hidrográfica, trofeos e cartelería para os clubes participantes. Ademais, debido á coincidencia coa programación da Festa da Empanada e ao calendario de competición, non existe posibilidade de aprazar a proba a outra data dentro da tempada.

O club tamén sinala a paradoxa de que a prohibición afecta únicamente a actividades federadas, mentres que en días recentes se puido observar a práctica de actividades acuáticas non federadas no río Arnoia e noutras láminas de auga da provincia, incluíndo paddle surf, kayaks e embarcacións hinchables.

A Federación e o Club Piragüismo Fluvial Allariz traballan agora para minimizar os efectos económicos e loxísticos desta suspensión, que deixa sen celebrarse a regata en 2025.

⚙ Configurar cookies
0.031157970428467