Celanova e Allariz reivindican a diversidade no Día do Orgullo

OurenseXa
Ambos concellos encheranse de cores durante a xornada deste venres para conmemorar o Día do Orgullo LGTBI
Casa do Concello de Allariz
28 Xuño 2024

Este venres, 28 de xuño, os concellos de  Allariz  e Celanova súmanse á celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBI, unha data emblemática dedicada á loita pola igualdade e a diversidade.

En Allariz, as áreas de Benestar Social e Promoción Económica, Comercio e Turismo do Concello de Allariz convidan a todas as persoas comerciantes e hostaleiras do municipio a unirse a esta celebración decorando e ornamentando os seus negocios coas cores do arco da vella.

Os establecementos comercias e hostaleiros que se sumen a esta iniciativa non só contribuirán a unha causa importante, senón que tamén obterán maior visibilidade. O Concello de Allariz dará difusión á participación dos negocios nas súas redes sociais e na prensa local. Ademais, organizarase un pequeno concurso, aberto ata o 7 de xullo, no cal se premiarán os mellores escaparates decorados para esta ocasión.

Celanova, pola súa banda, súmase un ano máis ás reivindicacións coa Noite Aberta do comercio local, que arrancará a partir das 19.30 horas  e que contará coas actuacións de Imcode DJ, DJ Sula e Rapariga, así como cun desfile de Drag Queens

Barbadás súmase ás conmemoracións

Desde o Concello de Barbadás tamén se suman ás conmemoracións polo Dia do Orgullo cun concerto do grupo de folk ourensán Guezos, ofrecerá un concerto pola diversidade no concello de Barbadás. A cita terá lugar este venres, 28 de xuño, ás 21.00 horas no Parque dos Patos da Valenzá. A entrada será libre e de balde para os asistentes.

 

0.20025110244751