Celso Sánchez renuncia como tenente de alcalde de Maceda

OurenseXa
Será substituído por Begoña Conde, actual concelleira de deportes
bng-maceda
O BNG despide a Celso Sánchez
13 Jan 2025

O grupo municipal do BNG de Maceda vén de anunciar que Celso Sánchez, concelleiro do BNG e tenente de alcalde de Maceda, deixa o cargo “por motivos estritamente persoais”. A súa renuncia farase efectiva o vindeiro 30 de xaneiro durante o pleno ordinario.

A súa dimisión implicará unha reestruturación do equipo de goberno, liderado pola socialista Uxía Oviedo, tal e como explican dende a formación nacionalista. De esta forma, Begoña Conde, actual concelleira de deportes, será nomeada tenente de alcaldesa, mentres que Beatriz Cuenca pasará a xestionar as áreas de Cultura e Sanidade.

 

0.17871999740601