Centos de axentes da Garda Civil depréganse en Ourense nunha operación contra o crimen organizado
Ourense amanecía esta mañá con máis dun centenar de agentes e medios aéreos despregados dentro dunha operación contra o crimen organizado que se está a levar a cabo de manera simultánea en varias provincias.
Na cidade, o operativo tive lugar no número 12 da rúa Celso Emilio Ferreiro, onde ao redor das 7.00 horas da mañá os veciños sorprendíanse pola presenza dun helicóptero e decenas de axentes.
Tamén producíronse registros na urbanización de Monterrei, en Pereiro de Aguiar, onde acudiron máis de cen efectivos da Garda Civil.
Polo momento, as actuacións están baixo segredo de sumario, inda que todo apunta a que se trataría dunha operación contra o crimen organizado e o narcotráfico. En Ourense, hai xa cinco detidos inda que se espera que o número poida aumentar xa que a operación continuará nos vindeiros días.