Centos de deportistas participarán esta fin de semana na 7ª edición do Trofeo Kickboxing Ribeira Sacra

Este mércores, no Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, tivo lugar a presentación da sétima edición do Trofeo Kickboxing Ribeira Sacra, que se celebrará este sábado 3 de maio no Pavillón Municipal de Luintra, en Nogueira de Ramuín.
A cita contará con máis de 150 participantes e este ano superáronse as 350 inscricións, consolidándose como unha proba de referencia a nivel galego.
Desde a dirección do evento agradecen a colaboración de todas as entidades públicas e privadas que colaboran coa proba, así coma a todos os participantes que fan posible a realización desta nova edición.
Previo a o torneo, o venres, 2 de maio, realizaranse as pesaxes dos participantes. A proba arrancará sobre as 9.00 horas do sábado e a clausura do evento será ás 20.00 horas.