Preto de 400 persoas daranse cita este sábado na Cavernícola Race de Barbadás

OurenseXa
Os participantes enfrontaranse este sábado, 18 de maio, nunha espectacular carreira de obstáculos que bate un novo récord de participación
cavernicola-race
Cavernícola Race Barbadás
15 Maio 2024

A carreira de obstáculos Cavernícola Race de Barbadás gañará en espectacularidade nesta quinta edición na que se inscribiron un total de 391 persoas.

Os participantes enfrontaranse este sábado, 18 de maio, a a diferentes probas de barro, auga ou lume cun total de 30 obstáculos.

Tal e como explicoua Diego López, coordinador de Deportes do Concello, na presentación da nova edición desta espectacular carreira de obstáculos, serán moitas as novidades desta edición que tamén terá un carácter solidario ao doarse parte do prezo da inscrición á Asociación Española de Pacientes con Mieloma Múltiple. Fernando González, veciño de Barbadás diagnosticado desta enfermidade e que protagoniza unha gran historia de superación, agradeceu a solidariedade dos participantes.

O concelleiro de Deportes, Cristian Rodríguez, asegurou que a carreira é cada ano máis espectacular e gaña en participación e subliñou a importancia “de que nesta edición o 50% dos inscritos sexan mulleres”. Tamén agradeceu o esforzo dos traballadores do polideportivo e animou a todos os veciños e veciñas a animar aos participantes.

O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, puxo en valor unha carreira que medra cada que pasa e que se consolida no calendario deportivo. Tamén agradeceu a Fernando González “á motivación que esperta en moitas persoas” e reivindicou que a natureza que rodea Barbadás fai que o concello sexa o escenario perfecto para este tipo de competicións deportivas.

0.18182897567749