Chega unha nova edición da 'Pasarela Ourense Centro'

OurenseXa
A iniciativa, que celebrará a súa segunda edición, ten como obxectivo poñer en valor os centros comerciais abertos como axentes dinamizadores do comercio local
presentacion-paasarela-ourense-centro
Presentación das 'Pasarela Ourense Centro 2024'
23 Maio 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá na presentación da Pasarela Ourense Centro, onde destacou que o comercio é fundamental no crecemento económico e social de Galicia.

O delegado territorial explicou que “estamos a deseñar, da man do sector, o futuro plan estratéxico para o comercio, coa implicación das principais entidades”, e manifestou  que “traballamos na elaboración dun Mapa do Comercio de Galicia, que contemplará a todo o sector comercial integrado dentro das asociacións, cun buscador por tipoloxía de establecemento, xeolocalización e información detallada para potenciais clientes”.

Para a Xunta, subliñou Manuel Pardo, “os centros comerciais abertos teñen un papel relevante como axentes dinamizadores do comercio local, e por iso activaremos unha nova edición da orde de axudas a estas asociacións, dotada con máis de 2,2 millóns de euros”.

A iniciativa 'Pasarela Ourense Centro' naceu en 2023 da man da agrupación comercial Centro Comercial Aberto Ourense Centro, co obextivo de converterse nun evento anual no que os establecementos ourensáns  poidan sair á rúa e amosar as súas coleccións.  

 

 

0.15891098976135