O Club Ourense Volei Praia celebra unha tempada histórica con éxitos a nivel estatal e internacional

OurenseXa
A entidade, con sede en Oira, logrou medallas no campionato de España e varios xogadores destacaron con Galicia e coa selección española
OURENSE-Club-Volei-Praia-resultados-obtidos-2025
Club Ourense Volei Praia
29 Aug 2025

O Club Ourense Volei Praia vén de pechar unha das súas mellores tempadas desde a súa fundación no ano 2010. A entidade ourensá, que traballa dende o complexo deportivo municipal de Oira para impulsar o deporte de base e dar a coñecer o volei praia, colleitou importantes logros en distintas categorías.

O equipo infantil masculino acadou a medalla de bronce no Campionato de España por clubs, un éxito que confirma o potencial das novas xeracións. Ademais, varios dos seus xogadores foron convocados pola selección galega para disputar o nacional por autonomías, onde tamén se fixeron cun bronce.

Un dos nomes propios da tempada é o de Víctor López, quen defendeu as cores da selección española no Campionato de Europa Sub20 e ten por diante unha nova cita internacional: o Europeo Sub18.

A traxectoria do club non pasou desapercibida, e unha representación foi recibida no salón de plenos do Concello de Ourense, onde recibiron as felicitacións do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, do tenente de alcalde, Aníbal Pereira, e da concelleira de Xuventude, Tamara Silva. Para a entidade, esta acollida supón un recoñecemento ao esforzo colectivo e ao labor de formación deportiva que levan desenvolvendo dende hai máis dunha década.

⚙ Configurar cookies
0.17076110839844