Coles acollerá esta fin de semana o dobre campionato de España de wakeboard e wakesurf

OurenseXa
Máis de medio cento de riders daranse cita os días 28 e 29 de setembro na pista de Barra de Miño
Semana-abanca-deportes-nauticos-ourense-wakwsurf-coles
26 sep 2024

O evento multináutica de referencia a nivel nacional, a Semana Abanca, chega á provincia da man da Deputación Provincial de Ourense cun programa moi intenso e atractivo, tal e como se explicou na presentación que tivo lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel e na que participou o deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández.

No GP Deputación de Ourense Deportes Náuticos Semana Abanca 2024 destacan dous campionatos de España de dúas especialidades náuticas emerxentes: o wakeboard e o wakesurf que se celebrará na enseada de Barra de Miño en pleno municipio de Coles; así como un Internacional da clase optimist no que se competirá en Castrelo de Miño, coa notable peculiaridade, de que ao mesmo tempo se celebrará un Clinic Internacional Aceites Abril de Optimist, que terá por director ao Team Leader do Equipo Nacional Español Kiko Igual e de asesor a un dos mellores especialistas do país, como é o técnico catalán Pep Subirats, que forma parte do staff da Copa América que acolle Barcelona.

En Coles bateuse record de participación para un evento tan esixente como o Nacional de wakeborad e wakesurf, ao situarse a cifra de riders que competirán en máis de medio centenar. Serán dúas xornadas con comezo ás nove da mañá o vindeiro sábado do mesmo xeito que o domingo, con finalización na primeira entre as seis e as sete da tarde… mentres que na xornada dominical espérase concluír dúas horas antes, para celebrarse a clausura coa correspondente repartición de premios.

Galicia estará presente con 10 riders cun gran potencial, especialmente por parte do Dumies de Ourense, que conta nas súas filas a Yara, que figura entre as favoritas, do mesmo xeito que o ferrolán Alfonso Rey con gran pronunciamento entre os máster. Por parte do equipo da federación madrileña nomes moi importantes caso dos campións nacionais Martín Druille, Jaime Torres e Adrián Martín. En wakeboard tamén atención ao ruso Tadzit Malinoski que compite pola federación de Baleares. Tamén é preciso resaltar entre as mulleres á catalá Noa Tamares que é actualmente subcampioa europea, así como ás promesas viguesas Ulises, Hugo e Rodrígo Bugarín que en wakesurf teñen moito que dicir. Cita de histórica, para esta fin de semana na belísima pista de Barra de Miño.

0.20041298866272