Coles arrancará este luns as clases de Ximnasia de Mantemento

O Concello de Coles dará inicio este luns, 6 de outubro, ás clases de Ximnasia de Mantenmento, que se desenvolverán de forma gratuíta e sen necesidade de inscripción previa, en varios espazos do concello.
Así, os luns as actividades chegarán aos locais sociais de Vilar, ás 16:15 horas, Vilarchao, ás 17:30 horas, e Sobral, ás 18:40 horas. Os martes, as clases achegaranse á Antiga Escola de Cambeo, ás 16:15 horas, ao Local Social de Ferreiros, ás 17:30 horas, e á Antiga Escola de Ribela, ás 19:00 horas. Por último, os xoves, a ximnasia chega á Antiga Escola de Gustei, ás 16:15 horas, e ao Local Social de Mieegodevila, ás 17:30 horas. Todas as clases terán unha duración dunha hora e están abertas a toda a veciñanza, especialmente dirixidas aos maiores.