Coles ofrecerá durante 2025 talleres de memoria para a veciñanza
OurenseXa
As persoas interesadas en participar poderán inscribirse nesta actividade ata o 30 de xaneiro
Concello de Coles
12 Jan 2025
O Concello de Coles ofrecerá durante este 2025 nos seus locais sociais unha serie de talleres de memoria, que comezarán a partir do vindeiro 3 de febreiro.
A actividade será de carácter gratuíto para as persoas interesadas en participar e as inscricións estarán abertas no Concello ata o vindeiro 30 de xaneiro, e dende a organización lembran que para levarse a cabo será necesario un grupo mínimo en cada local social.