Comeza a IV Campaña de agasallo de libros para as nenas e os nenos empadroados en Ourense
O xoves, día 1 de febreiro, comeza a IV Campaña de fomento da lectura do Concello de Ourense. Será a partir dese día que estará habilitada a páxina (https://libros.ourense.gal ) para que poidan consultar toda a información e os establecementos asociados onde poderán adquirir os libros que escollan.
O alcalde, Gonzalo P. Jácome quere animar a todos os nenos e nenas en idade escolar a que recollan os libros que libremente escollan, por valor de 20 euros (se é superior terían que aboar a diferenza) e agarda superar o éxito da campaña anterior, case 10.000 libros.
"Esta campaña de fomento da lectura é innovadora e significa que todos os nenos do municipio de Ourense teñen dereito a adquirir o libro que eles queiran en calquera librería da cidade ata 20 € para o seu desfrute e enriquecimento cultural.", engadiu o alcalde.