Comeza o programa da animación á lectura da Concellería de Educación
A concelleira de Educación, Tamara Silva, asistiu esta mañá ao Salón Nobre do Liceo de Ourense para acompañar o alumnado de 5º de primaria que participa nos encontros.
Estes encontros forman parte das actividades innovadoras e didácticas para o fomento da lectura que organiza a Concellería de Educación
A obra escollida para esta edición é Segredos Soterrados de Alba de Evan e Xavier Domínguez. Este libro foille entregado aos centros escolares inscritos xa antes do Nadal, un exemplar por participante, para a súa lectura e traballo na aula.
Nestes encontros teñen a oportunidade de coñecer os autores e autoras e establecer un diálogo con eles. Ao finalizar o acto puideron levar cadanseu exemplar asinado.
Os encontros, que comezaron onte, continuarán durante toda a semana.