Comezan os novos obradoiros para maiores no centro dos Gozos, en Pereiro de Aguiar
O Concello de Pereiro de Aguiar vén de poñer en marcha catro novos obradoiros para maiores no Centro de Maiores dos Gozos e que darán comezo ao longo desta semana.
Os maiores de 55 de años do concello poderán desfrutar dun obradoiro de puntillismo que terá lugar de martes a xoves en horario de tarde e que arranca este mesmo luns, un obradoiro de iniciación ao Patchwork que será os mércores e xoves entre as 18.00 e as 19.30 horas, un obradoiro de abelorios que terá lugar os mércores de 16.00 a 17.30 e un obradoiro de ordenadores que será os martes, tamén en horario de tarde, de 18.00 a 19.00 horas.
As prazas son limitadas e todas as actividades están dirixidas a maiores de 55 anos, que poderán solicitar máis información a través do teléfono 678 190 483.