Conclúen os traballos de reparación e mellora de tres estradas municipais en Maceda

As brigadas da Deputación de Ourense veñen de concluir os traballos de reparación e mellora de tres estradas de titularidade municipal no concello de Maceda.
Trátase do cceso a Casonel dende estrada OU- 101, a estrada da Aldea de Casonel e acceso Vixueses dende a Estrada Campo de Fútbol. Nesta última, a Deputación invertirá un total de 70.000 euros do Plan CooperOU para continuar a súa rehabilitación.
Ademais, a Deputación colaborará tamén no arranxo da ponte de Couzada e o seu acceso, que contará cunha subvención de 60.000 euros procedentes dos fondos do Plan CooperOU. Por último, tamén se levará a cabo a reparación da estrada Pías- Escuadro, a través do Plan Marco 2024.