Continúan abertas as inscricións para o Christmas Camp de Amoeiro

O Concello de Amoeiro mantén aberto o prazo de inscrición para o Campamento de Nadal en inglés “Christmas Camp”, dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos.
A actividade desenvolverase os días 29 e 30 de decembro de 2025 e o 2, 5 e 7 de xaneiro de 2026, nas instalacións municipais. O campamento ofrece unha alternativa lúdica e educativa durante as vacacións de Nadal, combinando xogos e actividades en inglés.