Continúan as conversas no Concello de Ourense sobre unha posible moción de censura
A porta a unha posible moción de censura ao alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, continúa aberta. Tanto o PP como o BNG estarían dispostos a pactar unha proposta formal cos socialistas, eso sí con certas condicións.
Por unha banda, o BNG estaría disposto a votar a favor da moción cun claro requisito: que o alcalde proposto sexa socialista. Algo que o PP podería cuestionar logo de que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, manifestárase contrario a esta condición. O líder dos populares galegos calificaba a moción de "postureo", amosándose escéptico a que a proposta poida sair adiante.
Eso sí, Rueda lembraba que a decisión última sería dos propios concelleiros, polo que a porta a un posible acordo continúa aberta inda que, no caso de que os populares impuxeran que o candidato alternativo fose do PP, sería moi complicado que o BNG continuase apoiando a moción.