Convocado o concurso de comparsas e carrozas do Entroido de Ourense 2025

OurenseXa
A data límite para inscribirse será o 24 de febreiro
desfile-entroido-ourense
Desfile de Entroido Ourense 2024
5 Feb 2025

O Concello de Ourense convoca o concurso que premiará as mellores comparsas e carrozas que participen no desfile do Domingo de Entroido, que percorrerá as rúas da cidade o día 2 de marzo. Poderán participar aquelas asociacións veciñais, culturais ou xuvenís, grupos, colexios e outras agrupacións que o desexen, sempre que realicen a inscrición antes do día 24 de febreiro ás 14.00 horas. O concurso repartirá premios de até 1.500 euros para a mellor comparsa e de até 1.000 euros para a mellor carroza.

Categorías e premios

Comparsas con máis de 10 compoñentes:

  • 1º premio: 1.500 euros
  • 2º premio: 1.000 euros
  • 3º premio: 800 euros
  • 4º premio: (entregaranse 4 cuartos premios) 500 euros

Comparsas con menos de 10 compoñentes

  • 1º premio: 500 euros

Especiais Comparsas

  • Máis numerosa: 500 euros
  • Máis enxeñosa: 500 euros

Carrozas

  • Mellor deseño, execución e posta en escena: 1.000 euros

Tamén haberá axudas para todos os grupos participantes que completen o desfile e non acaden ningún premio, ata un máximo de 14.200 euros. No caso das carrozas, cada unha recibirá 200 euros. En canto ás comparsas:

  • De 5 a 9 integrantes: 100 euros
  • De 10 a 29 integrantes: 200 euros
  • De 30 a 49 integrantes: 300 euros
  • De 50 integrantes en adiante: 400 euros

As comparsas e carrozas poderán anotarse a través do Rexistro Xeral do Concello e, no caso de asociacións e entidades, a través da sede electrónica. O prazo para anotarse e participar no desfile, que será o domingo 2 de marzo, estará aberto ata o día 24 de febreiro.

0.17537498474121