Convocado o Concurso de Escaparates de Nadal de Ourense

O Concello de Ourense, xunto con Ecourense e o CIFP Portovello, pon en marcha unha nova edición do Concurso de Escaparates de Nadal, coa que se busca apoiar e promocionar o comercio local, ao tempo que se crea un ambiente festivo na cidade durante estas datas.
As persoas ou establecementos interesados poderán inscribirse a partir deste xoves 27 de novembro ata o 15 de decembro, enviando a súa solicitude por correo electrónico ao enderezo concursoescaparates@ourense.gal.
O certame repartirá un total de 9.800 euros en premios, distribuídos en tres categorías principais: 3.000 euros para o primeiro premio, 2.000 para o segundo e 1.000 para o terceiro. Ademais, entregarase sete accésits de 400 euros cada un e, como novidade, incorporarase un premio especial de 1.000 euros dedicado á reciclaxe.
As decoracións deberán estar accesibles ao público desde o 15 de decembro ata o 7 de xaneiro. O xurado encargarse de avaliar o atractivo e o impacto comercial dos escaparates, tendo en conta criterios como a calidade da proposta, a estética e as accións de marketing.