Convocado o Concurso de Maios e Coplas de 2025

OurenseXa
O prazo de inscricións rematará o 28 de abril
maios-2023
25 Mar 2025

O Concello de Ourense convoca o concurso que premiará as mellores coplas e maios que participen na Festa dos Maios de Ourense 2025, que se desenvolverá o día domingo, día 4 de maio, na cidade. A Concellería de Artes e Festexos incrementa este ano a contía dos premios, así como a das axudas por participar. O certame deste ano incluirá un total de seis categorías.

MAIOS

  • Premio Maio artístico: recreacións, cos elementos tradicionais, escenas cotiás, monumentos ou obras de arte da aldea ou da cidade, personaxes etc.): Os premios serán de 1.000, 800 e 600 euros, para o primeiro, segundo e terceiro posto, respectivamente.
  • Premio Maio enxebre: maio tradicional e figurativo que representa pirámides, conos ou cruceiros. Haberá premios de 700, 500 e 400 euros para os tres primeiros.
  • Premio Maio creativo: representación de maios enxebres como pirámides, conos ou cruceiros, podendo utilizar calquera técnica ou material. Premio de 500 euros para o gañador.
  • Premio Maio infantil: premios de 500, 300 e 200 euros para os tres primeiros.

COPLAS

  • Premio Mellores coplas de persoas adultas: premios de 500, 300 e 200 euros para os tres primeiros.
  • Premio Mellores coplas infantís: premios de 500, 300 e 200 euros para os tres primeiros.

A organización concederá tamén unha axuda de 400 euros a todos os maios participantes no concurso

As inscricións realizaranse no Rexistro Xeral do Concello utilizando un modelo que se pode descargar na páxina web do Concello www.ourense.gal, ou solicitar na Área de Artes e Festexos, no Auditorio Municipal. En caso de entidades ou asociacións deberá realizarse por sede electrónica. O prazo de inscricións rematará o martes, 28 de abril, ás 14.00 horas.

⚙ Configurar cookies
0.65442585945129