Convocado o Premio Ourensanía 2024

OurenseXa
O galardón é un recoñecemento honorífico a aquelas persoas, nacidas en Ourense ou cunha especial vinculación coa provincia, que teñan destacado ao longo do ano nas súas facetas profesionais, sociais ou intelectuais
Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, luns 30 de setembro
30 Sep 2024

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou na súa sesión desta mañá as bases do Premio Ourensanía 2024, coa finalidade de outorgarlles un recoñecemento honorífico a aquelas persoas, nacidas en Ourense ou cunha especial vinculación coa provincia, que teñan destacado ao longo do ano nas súas facetas profesionais, sociais ou intelectuais.

O xurado estará formado e presidido polo presidente provincial, Luis Menor; o secretario, Marcos Vázquez; e os vogais Eva Torres, Luis González Tosar, Miguel Anxo Fernández, Maribel Outeiriño, Manuel Guede, Patricia Torres, Afonso Vázquez-Monxardín e María Sol Nóvoa.

No ano 2023, o galardón foi para o deseñador ourensán Aldolfo Domínguez. O premio Ourensanía foi creado no ano 2011 pola Deputación de Ourense para recoñecer a persoas destacadas da provincia, tendo en conta ás súas aportacións á cultura, ao panorama social ou á economía. A ourensanía, segundo explica a institución provincial nas bases deste certame, é a forma de ser e estar no mundo de todos os ourensáns.

0.16496920585632