Convocado o XXVIII Certame Literario de Piñor de Narracións Breves

OurenseXa
O prazo de presentación está aberto ata o 20 de maio
escribir_narracion
7 Apr 2025

A Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia, coa colaboración do Concello de Barbadás, convoca o XXVIII Certame Literario de Piñor de narracións breves. O concurso contará con tres categorías con dous premios cada unha, unha para maiores de idade, outra para mozos e mozas de entre 13 e 17 anos e outra para menos de 13 anos.

En total, repartiranse 1.670 euros en premios que se entregarán o 31 de maio nunha cerimonia na Casa da Cultura Manuel María.

Os traballos deberán presentarse antes do 20 de maio e deberán ser orixinais e inéditos, de temática libre, escritos en galego e cunha extensión que non supere os 10 folios. Non se admitirán traballos que xa foran premiados noutros certames.

⚙ Configurar cookies
0.16358995437622