'Correndo por Ourense' chega este sábado ao barrio do Couto
OurenseXa
Debido á carreira popular, este sábado, 25 de maio, a rúa Dali estará pechada ao tráfico desde as 19.00 horas e, a partir das 21.30 horas, tamén precharanse ao tráfico as rúas Ervedelo e a dos Remedios
Correndo Por Ourense, O Couto, 2023
25 May 2024
O Consello Municipal de Deportes organiza este sábado, día 25 de maio, a Carreira do Couto dentro do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”.
A partir das 19.00 horas estará cortado o tráfico da rúa Dalí no tramo entre as rúas dos Remedios e Ervedelo e, a partir das 21.30 horas, cortaranse tamén as rúas de Ervedelo e dos Remedios.
Itinerario alternativo
- Na rúa Doutor Fléming e na rúa Reza, desprazaranse pola rúa Portocarreiro, Fonte do Bispo, praza do Couto, rúa Francisco Moure, Faustino Santalices, Simón de Monasterio, Carlos Maside, Sorolla e rúa Ervedelo (sentido centro da cidade).
- No cruzamento da rúa Ervedelo coa praza de San Rosendo desviarase o tráfico pola rúa do Progreso.
- Na rúa Greco desviarase o tráfico pola avda. Pardo de Cela.
- Na rúa Bispo Lourenzo á altura dos Xulgados, desvíase o tráfico pola Ponte Lebrona que será de sentido cara ao centro da cidade.
- Encamiñarase o tráfico con conos na rúa Ervedelo, entre a praza Sorolla e a praza da Chave, permitindo o tráfico en sentido de entrada á cidade (tramo común coas persoas participantes na carreira).