Cortes de tráfico en Ourense polas Festas da Follateira

OurenseXa
O tramo da Avenida de Buenos Aires comprendido entre as rúas Iglesias Alvariño e Silveira permanecerá pechado ao tráfico a partir de este venres, 24 de maio
casco-historico-ourense
Casco histórico de Ourense
24 Maio 2024

Con motivo das Festas da Follateira, o tramo da Avenida de Buenos Aires comprendido entre as rúas Iglesias Alvariño e Silveira permanecerá pechado ao tráfico a partir de este venres, 24 de maio, a partir das 20.00 horas. Os cortes afectarán tamén ás xornadas do sábado e do domingo, a partir das 18.00 horas e das 16.00 horas respectivamente.

Na Avenida de Buenos Aires coa Rúa Iglesias Alvariño, a circulación estará cortada para todos os vehículos excepto residentes, que poderán acceder ata a zona do palco da orquestra. O mesmo ocurre no trama entre a avenida e a rúa Silveira nas horas indicadas anteriormente.

En dirección ao centro pola Rúa Silveira, modificarase a sinalización do vial circunstancialmente mentres dure o corte, en sentido Otero Pedrayo.Por último, a Rúa Xunqueira de Espadañedo cortarase a sentido dirección Avenida de Buenos Aires, na bifurcación da propia rúa.

0.21283006668091