Cortes de tráfico en varias rúas da cidade polas manifestacións do 1 de maio e a carreira ciclista
A Policía Local do Concello de Ourense informa de que mañá, mércores, día 1 de maio, pola mañá, diferentes rúas da cidade estarán pechadas ao tráfico pola celebración das manifestacións do día 1 de maio, organizadas polos sindicatos CIG, CUT e CC OO, e da Carreira Ciclista da Península Ibérica.
A proba deportiva requirirá realizar cortes de tráfico tanto na súa saída (ás 10.20 horas, co itinerario: Vistafermosa, Isaac Piñeiro, Ribeira Sacra, Glorieta de Ervedelo e Nacional 120), como na chegada (sobre as 12.30 horas, por N-120, Glorieta de Ervedelo, Ribeira Sacra, Isaac Piñeiro, Vistafermosa e Mondideu).
No centro da cidade haberá 3 manifestacións pola celebración do 1 de maio:
Manifestación da CIG (11:30 horas, con aproximadamente 90 minutos de duración): Praza Maior, Lamas Carvajal, Paseo, Curros Enríquez, Xaquín Lorenzo Xocas, Parque de San Lázaro, Santo Domingo, Praza do Ferro, Paz, Santa Eufemia, Tendas e Praza Maior
Manifestación de CUT (11:30 horas, con 2 horas aproximadamente de duración): Saída da Ponte Vella, xunto ao Pavillón de Deportes, Avenida da Habana (sentido contrario), Cardeal Quevedo, Parque de San Lázaro, Santo Domingo, Praza do Ferro, Paz, Santa Eufemia, Tendas e Praza Maior
Manifestación de CC OO (12.00 horas, cunha duración duns 90 minutos): Saída de Pardo de Cela, Progreso, Cruz Vermella, Paseo, Curros Enríquez, Subdelegación do Goberno.
Para facer posible o seu desenvolvemento, pecharase o tráfico de vehículos na rúa Pardo de Cela e na rúa do Progreso á altura da Praza de Abastos número 1 (desviando neste caso o tráfico pola rúa Doutor Fleming). As rúas reabriranse ao remate dos eventos, previsto para as 14.00 horas. Tamén se pechará ao tráfico a Avenida da Habana, á altura de Avenida de Bos Aires, e reabrirase en torno ás 12.15 horas
As liñas do servizo de autobuses variarán o seu percorrido para evitar os puntos de corte e desviaranse por Pena Trevinca, Celso Emilio Ferreiro ou Avenida de Portugal, en función do seu destino.