Os socialistas califican de "negativo" o balance das Festas de Ourense de 2024

OurenseXa
“O resultado non pode ser máis ca negativo con queixas por parte de hostaleiros e hostaleiras da Praza Maior polo errado emprazamento dos postos do mercado medieval que lles xeraron grandes perdas económicas”, sinalan os socialistas
Festas de Ourense 2024
24 Xuño 2024

Unha vez rematadas as festas patronais de Ourense, e logo de que dende o grupo municipal socialista se lamentase a escasa variedade de programa para celebralas e a diminución de días adicados a elas, o balance non resulta positivo. “O resultado non pode ser máis ca negativo con queixas por parte de hostaleiros e hostaleiras da Praza Maior polo errado emprazamento dos postos do mercado medieval que lles xeraron grandes perdas económicas”, expón a edil do PSdeG Cristina Cruz.

Neste senso, tamén os feirantes manifestaron “a escasa afluencia de xente” nas atraccións por estar situadas no parque Barbaña, preto das actividades que se ofertaban gratis. “E tampouco o lugar no que tivo lugar a festa das cores foi o máis axeitado, xa que o lixo e o plástico derivado da mesma foi inxente e o río e as súas marxes están máis sucias”, manifesta á lista a socialista. E engade que, de volver a organizarse, o espazo reservado para ela “debería de mudar”.

“O cartel reduciuse a orquestras e un único grupo musical. Á concelleira de Artes e Festexos olvidouselle que a nosa cidade continua sendo a terceira de Galicia e merecemos unhas festas acordes a elo”, sostén.

Por outra banda, non houbo rastro dos puntos violetas destinados a informar e dar auxilio a posibles vítimas de agresións sexuais. “Onde estiveron estes puntos, tan demandados pola oposición, que servirían de axuda e socorro en caso de precisalo? En definitiva, unha organización pésima na que non se tivo en conta o sentir e as necesidades da cidadanía de Ourense”, remata sobre os escasos cinco días de festas.

0.16111993789673