Decenas de piragüistas déronse cita en Barra de Miño na XIX Regata Pub Gaddafi

OurenseXa
A proba consistiu nunha regata que contou coas categorías prebenxamín, bexamín, alevín, infantil e cadete
Entrega de premios da XIX Regata Pub Gaddafi
Entrega de premios da XIX Regata Pub Gaddafi
16 sep 2024

A localidade de Barra de Miño, en Coles, acolleu este domingo, 15 de setembro, a XIX Regata Pub Gaddafi, un evento que se enmarca dentro da Copa Deputación de piragüismo e que reuniu a decenas de regatistas. Á entrega de premios deste evento deportivo asistiu o vicepresidente segundo e deputado de Deportes, César Fernández

A proba consistiu nunha regata que contou coas categorías prebenxamín, bexamín, alevín, infantil e cadete. Desde prebenxamín a alevín cubriron unha distancia de mil metros, os infantís dous mil metros e os cadetes catro mil metros.

0.14802289009094