Dende Ourense a Europa: o Club Artai, homenaxeado polos seus logros na Copa de Europa de Shuaijiao

O Concello de Ourense rendeu unha homenaxe ao Club Artai tras os recentes éxitos acadados polos seus deportistas na Copa de Europa de Shuaijiao, celebrada o pasado 21 de xuño en Skopje, capital de Macedonia do Norte.
O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, e o concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, recibiron no Salón de Plenos á delegación do club, acompañada polo seu adestrador, nun acto no que as autoridades municipais felicitaron persoalmente os atletas polo seu destacado papel nesta competición internacional.
Durante a recepción institucional, destacouse o traballo e compromiso do Club Artai coa disciplina do Kung-Fu e o seu impacto positivo na cidade. As autoridades puxeron en valor “o esforzo, a dedicación e o talento que os levaron a acadar estes importantes logros para a cidade”.