Denuncian que o Concello de Ourense contratou o estudo de viabilidade das Burgas a unha empresa de propaganda
O grupo municipal socialista advirte de que o goberno de Gonzalo Pérez Jácome contratou, segundo recollen os decretos do mes de xullo, á mesma empresa de propaganda que en anteriores ocasións para realizar un “estudo de viabilidade económica financieira para a xestión do complexo termal das Burgas” por un importe de 4.000 euros e outros 840 euros de IVE. Entenden as e os edís do PSdeG que o obxectivo final do executivo local é privatizar un recurso público ao tempo que se encarga outro traballo máis a unha empresa que carece, a priori e por outra banda, dos coñecementos técnicos e profesionais precisos na materia.
Trátase da empresa Gallaecia Broadcast SL que oferta servizos de publicidade, tal e como aparece no rexistro mercantil, e quefoi escollida en varias ocasións, a través de contratos menores, para levar a cabo tarefas como un informe que xustificase a compra de novos autobuses(no canto de licitar de maneira completa o servizo de transporte urbano) ou poñer en marcha a atención telefónica a persoas maioresda cidade.
A mesma, ademais, á que recentemente, en outubro de 2023, o executivo local adxudicou, a través doutro contrato menor, a “asistencia técnica nas labores de apoio relacionados co servizo municipal de auga e saneamento, apoio no análisis e auditoría do cumprimento das obrigas por parte da actual empresa concesionaria e na elaboración das bases e estudo económico da nova licitación”.
Este proceder supón para as e os socialistas outro factor máis que pon en risco as futuras licitacións municipais e destacan a incoherencia de outorgar tarefas moi concretas a empresas que non son profesionas de eidos altamente específicos.