Derradeiro día para anotarse no IX Trail de Celanova

OurenseXa
A cita terá lugar este sábado, 12 de abril, e contará con tres modalidades
presentacion-trail-de-celanova-2025
Presentación do IX Trail de Celanova
10 Apr 2025

O IX Trail de Celanova foi presentado oficialmente este mércores nun acto que contou coa presenza de representantes municipais do Concello de Celanova, as Escolas Deportivas de Celanova e o Club de Atletismo Pato Blanco.

A cita terá lugar este sábado, 12 de abril, e dividirase en tres modalidades: un trail longo de 22 quilómetros, un trail curto de 12 quilómetros e unha andaina de 12 quilómetros. Todas as probas comezarán ás 17.00 horas e a recollida de dorsais farase a partir das 15.00 horas no Claustro Barroco de Celanova.

Este xoves será o último día para anotarse en calquera das tres modalidades.

⚙ Configurar cookies
0.16674304008484