Dez judokas do Marbel representan a Ourense no Campionato Galego Escolar

Este sábado, 28 de marzo de 2026, o Pavillón do colexio San Narciso de Marín (Pontevedra) acolle unha nova edición do Campionato Galego Escolar de judo nas categorías infantil e cadete, tanto masculina como feminina. A cita está organizada pola Federación Galega de Judo e conta co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
A competición reunirá a centos de judokas de toda Galicia, con deportistas nados entre 2012 e 2013 na categoría infantil e entre 2009 e 2011 na categoría cadete. Entre os participantes estarán dez representantes ourensáns do Ximnasio Marbel, que acoden co obxectivo de seguir sumando experiencia e mellorar o seu rendemento a nivel autonómico.
Na categoría infantil participarán Yoel González González (-38 kg), Adriano Verdeal Da Silva (-38), Nico González González (-55), Izan Varela Rodríguez (-55), Sergio Rodríguez Mojón (-66), César Fernández Valiñas (+66) e Carla Seone Laso (-48).
Na categoría cadete competirán Lucía Caneiro Basalo (-52), Daniel Ferreiro Ferreiro (-66) e Elena Domínguez Pliego (-70). Cómpre lembrar que na pasada edición Elena Domínguez conseguiu a medalla de prata e Lucía Caneiro fíxose co bronce, xunto con outras dúas preseas acadadas polo club.
O equipo do Marbel contará no tatami coa dirección dos mestres Felipe Iglesias e Anita Fernández, ademais do mestre Manuel Montero. Desde o club sinalan que o principal obxectivo pasa por manter un bo nivel competitivo e continuar progresando no ámbito galego.