O Concello de Allariz continúa coa campaña de renovación dos contadores de auga

O Concello de Allariz segue adiante coa renovación dos contadores de auga, que están a ser substituídos por modelos dixitais. Esta actualización permitirá unha xestión máis eficiente e precisa do consumo, así como a detección temperá de posibles fugas ou irregularidades.
O cambio de contador é totalmente gratuíto, agás nos casos nos que sexa necesaria algunha adaptación na instalación existente.
As tarefas están a ser realizadas por persoal da concesionaria de auga, Espina e Delfín, xunto con técnicos autorizados de Instalacións Jorge, que están debidamente identificados para garantir a seguridade e confianza da veciñanza.
Para facilitar o proceso, recoméndase que as persoas que non estean habitualmente no seu domicilio contacten con Espina e Delfín no teléfono 988 440 004, para coordinar o acceso ao contador e evitar demoras.
O Concello agradece a colaboración de todos os veciños para avanzar cara un servizo máis moderno e eficaz.