O Trail Ribeira Sacra celebrará a súa novena edición este domingo

RibeiraSacraXa | OurenseXa
A proba contará cun percorrido circular de 48 km polos montes de Nogueira de Ramuín e a contorna da Ribeira Sacra
presentacion-trail-ribeira-sacra
8 Oct 2025

O Parador de Santo Estevo acolleu este martes a presentación oficial da novena edición do Trail Ribeira Sacra (TRS), que contará cun percorrido de 48 km e un desnivel acumulado de 3.450 metros tanto en ascenso como en descenso.

O acto contou coa participación de autoridades locais e representantes deportivos, entre eles Diego Novelle, presidente do Grupo Cuevas Nogueira Trail, organizador do evento; Beatriz Fernández, directora territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia en Ourense; Manuel Pérez, xefe do Servizo de Deportes; Diego Enrique Álvarez, asesor de Política Deportiva da Deputación de Ourense; así como Julio Temes, alcalde de Nogueira de Ramuín, e Raúl Soto, concelleiro de Deportes.

A proba consolídase como referente deportivo e motor económico na comarca, reunindo cada ano a máis dun centenar de corredores. O Trail Ribeira Sacra desenvólvese a través de 48 km nun percorrido circular polos montes de Nogueira de Ramuín e o contorno da Ribeira Sacra, ofrecendo paisaxes de gran beleza que converten a participación nunha experiencia única.

A competición, que se disputa desde hai varios anos, afianzouse no calendario anual de probas da súa categoría, combinando esixencia deportiva e atractivo turístico.

⚙ Configurar cookies
0.07355785369873