Eladio Santos pon en valor o labor da Asociación Española Contra o Cancro en Ourense
O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, visitou esta mañá, xunto a outras autoridades políticas da provincia, a mesa informativa da campaña “O rosa é só rosa, pero contigo é apoio e investigación”, que a Asociación Española Contra o Cancro ten instalada durante a xornada de hoxe na rúa do Paseo de Ourense con motivo do Día Mundial contra o Cancro de Mama, que se conmemora o 19 de outubro.
Como lembran dende a AECC, o cancro de mama é o tumor máis frecuente na muller en todo o mundo. En España, 35.312 mulleres foron diagnosticadas del no ano 2023. E con esta nova campaña a Asociación pretende incidir de novo na prioridade que supón a investigación, o apoio e o acompañamento.
Por elo, o subdelegado do Goberno manifestou o seu recoñecemento ao labor da AECC, que atende a diario as necesidades de pacientes e sobreviventes de cancro de mama, e fixo fincapé na importancia da colaboración de todos para continuar coa investigación.