Emilio González destaca a eficiencia das limitacións en vías interurbanas contra a siniestralidade en Ourense

OurenseXa
A DGT vén de poñer en marcha na provincia de Ourense unha campaña de de control e vixilancia e velocidade que durará ata este venres, 21 de abril
campaña_dgt_ourense
Campaña de control e vixilancia e velocidade na provincia de Ourense
17 Apr 2024

"O factor exceso de velocidade ou velocidade inadecuada está presente en multitude de sinistros vías, xa sexa como causa única ou conxunta na produción do sinistro.", este é un dos principais mensaxes co que esta mañá arrincou a campaña de control e vixilancia e velocidade que desde este luns día 15 de abril e ata o venres 21 de abril pon en marcha a DGT.

O subdelegado do Goberno estivo presente no control desta campaña na provincia de Ourense que foi realizado esta mañá no PK 248 da N-525  ao seu paso por Cambeo, onde estivo acompañado polo xefe provincial de tráfico,  David Llorente; e o Tenente xefe accidental do subsector de Tráfico da Garda Civil en Ourense, Javier Barja.  Esta estrada convencional son as vías onde máis sinistros se producen e esa, precisamente, é a máis insegura da provincia ata a implementación do radar de tramo na zona de O Viso, o cal erradicou a siniestralidade na zona. Un exemplo de que as medidas disuasorias alertan aos condutores, sinalou o subdelegado.

Emilio González defendeu que "o obxectivo desta campaña é reducir a velocidade media, e contarase co apoio das policías locais para conseguir un maior alcance tamén nas estradas urbanas". Así, o subdelegado lembrou que a “velocidade neste tipo de estradas é de 30 km/h e fixo un chamamento para que os condutores cumplan”. Para levar a cabo esta tarefa a  policía local de Ourense contará durante este campaña cun vehículo con radar incorporado cedido pola DGT para facer seguimentos de velocidade.

Durante a súa intervención, Emilio González recordou que "os excesos de velocidade supoñen sete de cada dez sancións impostas nas estradas galegas". No primeiro trimestre de 2024 na provincia de Ourense faleceron un total de 4 persoas, 30 accidentados graves motivados polos excesos de velocidade o que supón un terzo dos accidentes de tráfico.

O subdelegado informou tamén de que nos vindeiros meses se dará resposta a unha demanda histórica realizada polo Concello de Ourense para a reducción da siniestralidade n acidade coa instalación dun novo radar de Caixa fixa á entrada do barrio de Vistahermosa.

Mediante estes controis preténdese controla-lo exceso de velocidade, que é a velocidade á que circulamos superior á permitida na vía cuestión (velocidade xenérica ou velocidade específica segundo sinalización).

En cambio, tamén é importante a velocidade inadecuada, a que aínda sendo legal non é a adecuada para circular en condicións climáticas adversas, tramos con obras, en mal estado ou con incidencias similares.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20713806152344