En marcha as obras para a instalación de céspede artificial no campo de fútbol de A Penafita, en Amoeiro

OurenseXa
O principal obxectivo da intervención é substituír o actual terreo de xogo por unha superficie sintética que permita a práctica de fútbol 11 e fútbol 8 en condicións óptimas
campo-a-penalfita-amoeiiro
25 May 2025

O campo de fútbol de A Penafita, no concello de Amoeiro, está a experimentar importantes melloras coa posta en marcha das obras para a instalación de céspede artificial.

O principal obxectivo da intervención é substituír o actual terreo de xogo por unha superficie sintética que permita a práctica de fútbol 11 e fútbol 8 en condicións óptimas. As actuacións tamén inclúen a nivelación do terreo, a mellora do sistema de drenaxe e a instalación dunha nova rede de rega adaptada ao novo tipo de superficie. Estas melloras, sinaan dende o Concello, contribuirán a reducir os custos de mantemento a medio e longo prazo.

As dimensións da área de xogo serán de 100 x 58 metros, mentres que a superficie total de céspede artificial alcanzará os 104 x 61 metros. Estas medidas cumpren cos requisitos da normativa deportiva da Real Federación Española de Fútbol para fútbol 11 (en dirección lonxitudinal) e fútbol 8 (en dirección transversal).

Para completar a instalación prevese a colocación dun xogo de porterías de fútbol 11, dous xogos de porterías de fútbol 8 e catro bandeiriñas de córner. Tamén se instalarán dous bancos cubertos para xogadores suplentes e corpo técnico.

Dende o Concello lémbran que, mentres duren as obras, o acceso ao recinto está prohibido por razóns de seguridade.

⚙ Configurar cookies
0.16721701622009