En marcha os traballos de xestión da biomasa en varios núcleos de San Cibrao das Viñas

As intervencións abarcan un total de 25 hectáreas en Outeiro Calvo, no Polígono Comercial Barreiros e en partes das parroquias de Ponte Noalla, San Ildefonso e San Andrés de Rante
biomasa-san-cibrao
24 Mar 2026

O Concello de San Cibrao das Viñas, en colaboración con SEAGA, puxo en marcha unha actuación de xestión da biomasa nas faixas secundarias de varios núcleos do municipio. O obxectivo é manter limpas e seguras as zonas verdes e contribuír á prevención de incendios.

Durante esta intervención, prevista para cubrir un total de 25 hectáreas, actuarase en Outeiro Calvo, no Polígono Comercial Barreiros e en partes das parroquias de Ponte Noalla, San Ildefonso e San Andrés de Rante.

0.087028026580811