Entra en servizo o novo ascensor para mellorar a accesibilidad entre o Progreso e a Alameda

OurenseXa
A actuación levouse a cabo no marco dun convenio de colaboración do Concello coa Deputación Provincial de Ourense para a execución de obras na cidade.
ascensor_alameda_ourense
ascensor_alameda_ourense
17 Xan 2024

O novo ascensor construído polo Concello para mellorar a accesibilidade entre a rúa do Progreso e a rúa da Alameda do Cruceiro está operativo dende este martes dezasete de xaneiro. As obras supuxeron un investimento de 398.508,91 euros e consistiron básicamente na instalación dun elevador con 3 paradas, dobre embarque, capacidade para 13 persoas e un peso máximo de 1.000 kg. A actuación levouse a cabo no marco dun convenio de colaboración do Concello coa Deputación Provincial de Ourense para a execución de obras na cidade.

A súa finalidade, sinalan dende o Concello, é mellorar a accesibilidade entre a rúa do Progreso e a rúa da Alameda do Cruceiro, xunto ao Parque Infantil, que ata agora estaban comunicadas a través dunhas escaleiras.

Trátase dun ascensor panorámico vertical que dispón de 3 paradas con saídas dispostas a 180 graos. A parada inferior está situada á cota +166,66 m, a parada intermedia está á cota +120,46 e permite conectar co portal nº11 da rúa da Alameda do Cruceiro e cos locais municipais situados á dita altura, e a parada superior está á cota + 123,66 m e conecta coa rúa da Alameda do Cruceiro.

O ascensor consta dun núcleo vertical, con estrutura de formigón ata a parada 1 e metálica a partir desta, recuberto de vidro laminado. Permite a visibilidade da cabina desde o exterior en calquera punto do percorrido, e tamén a visibilidade desde o interior por 3 das súas fachadas. Para a conexión do desembarque superior do ascensor dispúxose unha pasarela de formigón que apoia en dous piares de formigón na zona de desembarque e no outro extremo nun muro de formigón armado.

0.16684412956238