Esgos acollerá o 15 de xuño a XVII edición da Carreira de San Pedro de Rocas

OurenseXa
A proba contará con dous percorridos na modalidade de carreira e na modalidade de andaina
carreira-saan-pedro-de-rocas
8 Jun 2025

O Concello de Esgos organiza para o domingo 15 de xuño a XVII edición da Carreira “San Pedro de Rocas-Esgos” xunto cunha andaina popular.

A competición de carreira conta con dous percorridos: unha ruta longa de 17 quilómetros coa saída ás 11:00 horas e unha ruta curta de 8,5 quilómetros que comezará ás 11:30 horas.

Paralelamente, realizarase unha andaina longa de 17 quilómetros que sairá ás 09:30 horas e outra andaina curta de 8,5 quilómetros que dará inicio ás 10:30 horas.

A carreira forma parte da XLI Copa Deputación e do I Campionato Provincial de Carreiras de Montaña.

⚙ Configurar cookies
0.16883993148804