Esgos fai balance das actividades culturais, deportivas e de lecer realizadas en 2025

O Concello de Esgos realizou un balance das actividades culturais, deportivas e de lecer organizadas ou apoiadas ao longo do ano 2025. En total, desenvolvéronse máis de 50 eventos e accións ao longo dos doce meses, cunha programación variada pensada para todos os públicos.
No eido cultural, celebráronse 11 concertos, entre os que destacan o de María do Ceo, o do grupo de acordeóns Bieito Blanco e o da Banda de Gaitas no Nadal. Ademais, tiveron lugar 7 sesións de teatro e obradoiros, incluíndo talleres de velas, pintura en familia, maquillaxe e autocoidado, así como cursos de gaita e percusión ou de socorrismo acuático.
En materia deportiva, organizáronse 6 eventos, entre eles a apertura das piscinas municipais, varias quedadas de BTT, unha andaina popular e unha carreira de montaña, ademais de clases de ioga e un campamento de verán.
Por outra banda, as actividades de lecer e outras iniciativas sociais sumaron máis de 20 propostas, que incluíron xornadas formativas para emprendedores, campañas solidarias como a recollida de alimentos, mercadiños veciñais, escape rooms, charlas de prevención e conmemoracións como o Día contra a Violencia de Xénero ou o Magosto.