Este luns remata o prazo para anotarse no Concurso de Comparsas e Carrozas do Entroido de Ourense 2025

OurenseXa
O Concello repartirá este ano preto de 8.000 euuros en premios e ademais, destinará unha partida de axudas para todos os grupos participantes que completen o desfile e non acaden ningún premio
desfile-entroido-ourense
Desfile de Entroido, Ourense, 2024
23 Feb 2025

O Concello de Ourense convocou un ano máis o concurso que premiará as mellores comparsas e carrozas que participen no desfile do Domingo de Entroido, que percorrerá as rúas da cidade o día 2 de marzo.

Poden participar ata mañá, luns 24 de febreiro ás 14.00 horas, aquelas asociacións veciñais, culturais ou xuvenís, grupos, colexios e outras agrupacións que o desexen. O concurso repartirá premios de até 1.500 euros para a mellor comparsa e de até 1.000 euros para a mellor carroza.

Categorías e premios

Comparsas con máis de 10 compoñentes:

  • 1º premio: 1.500 euros
  • 2º premio: 1.000 euros
  • 3º premio: 800 euros
  • 4º premio: (entregaranse 4 cuartos premios) 500 euros

Comparsas con menos de 10 compoñentes

  • 1º premio: 500 euros

Especiais Comparsas

  • Máis numerosa: 500 euros
  • Máis enxeñosa: 500 euros

Carrozas

  • Mellor deseño, execución e posta en escena: 1.000 euros

Tamén haberá axudas para todos os grupos participantes que completen o desfile e non acaden ningún premio, ata un máximo de 14.200 euros. No caso das carrozas, cada unha recibirá 200 euros. En canto ás comparsas:

  • De 5 a 9 integrantes: 100 euros
  • De 10 a 29 integrantes: 200 euros
  • De 30 a 49 integrantes: 300 euros
  • De 50 integrantes en adiante: 400 euros
0.17583799362183