Excelentes resultados para o Club Lumelar no Trofeo Federación e no 2º Torneo Costa da Morte 2025

OurenseXa
Os de Taboadela conseguiron catro podios no Trofeo Federación e cinco no Torneo Costa da Morte
club-lumelar
9 Jul 2025

Esta pasada fin de semana celebráronse en Ponteceso o Trofeo Federación e o 2º Torneo Costa da Morte 2025, organizados por Flechas por un Tubo, coa destacada participación do Club Lumelar.

O club logrou un total de catro podios no Trofeo Federación e cinco no Torneo Costa da Morte, cos seguintes resultados:

  • Beltrán Doval: 3º no Federación e 3º no Costa da Morte.
  • Carlos Doval: 3º no Federación e 2º no Costa da Morte.
  • Fátima Solaz: 2º en ambos torneos.
  • Marcos Rodríguez: 2º en ambos torneos.
  • Marta Dopazo: 4º no Federación e 2º no Costa da Morte.
  • Ana María Vázquez: 6º en ambos torneos.
  • David García: 9º no Federación e 8º no Costa da Morte.

Dende o club destacan a actuación de Marta Dopazo, que a pesar de quedar 4ª no Federación a só 4 puntos do terceiro posto, conseguiu a prata no Costa da Morte tras unha final moi disputada. Beltrán Doval, pola súa parte, mantivo unha actuación sólida en ambos torneos con sendos terceiros postos. Carlos Doval conseguiu o bronce no Federación e logrou a prata no Costa da Morte, amosando gran actitude e recuperación, segundo destacan dende o club, mentres que Ana María Vázquez logrou un meritorio sexto posto e David García loitou ata o final en ambas competicións, quedando en cuartos de final.

Relevante tamén a actuación de Fátima Solaz, que mantivo unha constancia “sobresaliente” con dúas pratas, e Marcos Rodríguez, que marcou récord persoal con 630 puntos nun torneo oficial, conseguindo tamén a prata en ambas probas e demostrando “unha gran progresión esta tempada”.

⚙ Configurar cookies
0.16302299499512