Excelentes resultados para o Club Ourela no Campionato de Preseleccións de Solo Dance de Patinaxe Artística

OurenseXa
Entre os resultados máis destacados, Sandra Gómez conseguiu a segunda posición na categoría Junior, acadando así o ascenso á Categoría Nacional
club-ourela-campionato-solo-dance
10 Mar 2026

O pasado sábado 7 de marzo, o Club Ourela desprazouse ata Arteixo para participar no Campionato de Preseleccións da modalidade de Solo Dance de Patinaxe Artística. Para moitas das patinadoras do club, esta foi a súa primeira experiencia en competición nesta disciplina, despois de apenas medio ano practicándoa.

Entre os resultados máis destacados, Sandra Gómez conseguiu a segunda posición na categoría Junior, acadando así o ascenso á Categoría Nacional. Grazas a este éxito, participará no Trofeo Xunta e no Campionato Galego que se celebrarán no mes de abril. “Parabéns Sandra!”, destacan desde o club.

As outras patinadoras do equipo tamén tiveron unha actuación notable. As junior Aldara e Vega, así como as cadetes Sofía Gómez, Luna e Sofía Prieto, continuarán a tempada en Categoría Rexional, consolidando o seu progreso na modalidade. Desde o club amosan a súa satisfacción por estes logros e polo esforzo demostrado na súa primeira competición

0.12079310417175