Éxito da primeira edición do Torneo de Minibasket e Basket de Pereiro de Aguiar

Pereiro de Aguiar celebrou durante esta Semana Santa o I Torneo de Minibasket e Basket, unha xornada deportiva que contou cun gran éxito de participación, reunindo a máis de 100 rapaces e rapazas no Pavillón Municipal. A actividade converteuse nun punto de encontro para o deporte base, cun ambiente marcado pola participación, o esforzo e a ilusión dos máis novos.
A iniciativa “Ticalle o Basket” destacou polo seu bo nivel de participación e polo compromiso amosado por xogadores e xogadoras ao longo de toda a xornada, consolidándose como unha proposta orientada a fomentar a práctica deportiva desde idades temperás.
Na entrega de premios contouse cunha visita especial, a do xogador do Club Ourense Baloncesto (COB) Sean McDonnell, quen participou no acto e acompañou aos rapaces e rapazas nun momento especialmente significativo para todos os asistentes.