Éxito do Jiu Jitsu Club Marbel no Nacional ‘Memorial Patricia Martín Blanco’

OurenseXa
Leire Carrera acadou o ouro e Yago Nguyen a prata en Parla, nunha cita na que tamén participaron os árbitros ourensáns Luis e Rubén Córdoba
club-marbel
24 Jun 2025

Dúas persoas competidoras e dúas árbitras do Jiu Jitsu Club Marbel participaron con éxito no Torneo Nacional de Jiu Jitsu ‘Memorial Patricia Martín Blanco’, celebrado o pasado sábado 21 de xuño no pavillón que leva o mesmo nome, en Parla (Madrid).

Os deportistas ourensáns regresaron cunha medalla de ouro e outra de prata. Leire Carrera, xa recuperada dunha recente lesión, proclamouse campioa na categoría sénior feminina de loita -57 kg, confirmando o seu excelente estado de forma. Pola súa parte, Yago Nguyen Rodríguez obtivo unha meritoria medalla de prata na categoría masculina de loita -85 kg.

O seleccionador galego e subcampión mundial, Felipe Iglesias, adestrador do Judo e Jiu Jitsu Club Marbel, valorou os resultados como “fantásticos”, destacando que “seguimos mantendo unha excelente liña de rendemento nun mes cargado de competicións”.

Tamén participaron no torneo, como árbitros, os ourensáns Luis e Rubén Córdoba.

⚙ Configurar cookies
0.10090804100037