Éxito do Club Piragüismo Ourense na 6ª regata provincial da Copa Deputación

O Club Piragüismo Ourense foi o gran protagonista da 6ª regata provincial, puntuable para a Liga Ourensá–Copa Deputación 2025, ao impoñerse tanto na clasificación xeral por clubes como na maioría das categorías individuais.
A cita, organizada polo propio club xunto coa Federación Galega de Piragüismo e coa colaboración da Deputación de Ourense e do Concello de Coles, reuniu a preto dun cento de palistas no río Miño, á altura de Barra de Miño. Ante numeroso público, os máis pequenos competireron sobre 1.000 metros (prebenxamíns, benxamíns e alevíns), os infantís sobre 2.000 e os cadetes sobre 4.000.
No apartado individual, o Piragüismo Ourense acadou unha notable colleita de medallas. Entre os vencedores destacaron Aarón Viso e Inés Arias en categoría cadete, así como Brais Brea e Thiago Paz en infantil masculino. Tamén subiron ao máis alto do podio Vega Fernández (infantil B), Hannah Carvajal (benxamín B), Gabriel Chávez e Isabella Rodríguez (alevín A), Nicolás Carbajal e Jara Paz (alevín B) e Marco Tomasello e Carla Varela (prebenxamíns).
A xornada contou tamén con triunfos doutros clubes, como Ainhoa Álvarez (Fluvial Avión-Castrelo de Miño), Xiam López e Rebeca González (Náutico Ribeiro) ou Guillermo Dacruz (Fluvial Allariz).
Na clasificación por equipos, o Piragüismo Ourense levou a vitoria final, seguido do Náutico Ribeiro e do Fluvial Allariz. O podio completárono o S.C.D.X. Fontefría de Muiños, Fluvial Avión-Castrelo de Miño e Fluvial O Barco.
A entrega de medallas correu a cargo do alcalde de Coles, Manuel Rodríguez, e de Carlos Bericat, responsable de deporte escolar e XOGADE da Xunta en Ourense.