Éxito histórico do Club Ximnasia Burgas no Campionato Galego Escolar de Trampolín

OurenseXa
O conxunto ourensán logrou o título de campión galego en seis categorías, un subcampionato e un terceiro posto, conseguindo subir ao podio en todas as categorías posibles
club-ximnasia-burgas
15 Dec 2025

O Club Ximnasia Burgas de Ourense acadou un éxito histórico no Campionato Galego Escolar de Trampolín, celebrado este sábado 13 de decembro no CGTD de Pontevedra. Nunha competición que reuniu a once clubs de toda Galicia e na que se disputaron os títulos autonómicos en catro aparellos tanto en categorías femininas como masculinas, o Burgas proclamouse campión galego en seis ocasións diferentes. Ademais, conseguiu un subcampionato e un terceiro posto, conseguindo así subir ao podio en todas as categorías posibles, algo que ningún outro club conseguira ata agora.

Na competición individual, as ximnastas e ximnastas do Burgas sumaron un total de 53 medallas, repartidas en 23 ouros, 17 pratas e 13 bronces, destacando especialmente nalgunhas categorías nas que había máis de trinta participantes e nas que incluso acadaron podios completos.

Entre os triunfos por equipos, o Burgas impúxose en trampolín feminino e masculino na modalidade olímpica, así como en dobre minitramp feminino e masculino, modalidade na que destaca a presenza de Melania, campioa do mundo. Tamén se proclamou campión galego en tumbling feminino e masculino. Ademais, logrou o subcampionato en minitramp masculino e o terceiro posto en minitramp feminino.

En canto aos resultados individuais, na categoría cadete destacaron Sofía e Elías como campións galegos, mentres que Alba e Sergio foron subcampións e Lucía ocupou a terceira posición. Na categoría alevín, Ariadna e Mauro tamén se coroaron campións galegos, con Ángel en terceiro lugar. Por último, en infantil Paula e Martí levaron o título galego, mentres que Carlota foi terceira.

Este conxunto de resultados consolida ao Club Ximnasia Burgas como unha referencia destacada na ximnasia de trampolín en Galicia, reflectindo o talento e o traballo constante dos seus deportistas e corpo técnico.

⚙ Configurar cookies
0.088176965713501