Expertos analizan en Ourense ferramentas para manter o emprego nas empresas en crise

OurenseXa
A iniciativa realizouse en colaboración co Consello Galego de Relacións Laborais
xornada-uvigo-ourense-empresas
Xornada 'Adaptación e mantemento do emprego en empresas en crise: ferramentas e actores'
31 Out 2024

A Facultade de Dereito do campus de Ourense acolleu este mércores a celebración dunha xornada na que se analizaron as ferramentas e actores para a adaptación e mantemento do emprego en empresas en crise. Especialistas do eido académico das universidades de Vigo, Murcia, Sevilla e Autónoma de Barcelona abordaron temas como os expedientes temporais de regulación de emprego ou a protección por desemprego dende unha perspectiva de activación para o emprego.

A iniciativa, explican desde a universidade, realizouse en colaboración co Consello Galego de Relacións Laborais e no marco do proxecto estatal Adaptación e mantemento do emprego no novo ecosistema produtivo, financiado pola Agencia Estatal de Investigación do Ministerio de Ciencia e Innovación e coordinado desde a Área de Dereito do Traballo e a Seguridade Social da UVigo polo catedrático Jaime Cabeza e a profesora Marta Fernández.

Na inauguración da actividade participaron Susana Álvarez, decana da Facultade de Dereito; Antía Sández, presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais; e Marta Fernández, profesora titular de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da UVigo. A xornada 'Adaptación e mantemento do emprego en empresas en crise: ferramentas e actores' presentouse como un seminario de transferencia que dá continuidade a dous anteriores de carácter científico realizados no marco do citado proxecto, sinalan dende a organización.

0.1990180015564