Expourense acollerá esta fin de semana o Campionato de España Absoluto de Halterofilia
Expourense acollerá esta fin de semana o Campionato de España Absoluto de Halterofilia e o Campionato Nacional por Federacións, dous eventos de máximo nivel, organizados pola Real Federación Española de Halterofilia en categoría masculina e feminina, que atraerá á cidade de Ourense a máis 400 persoas procedentes de toda España, durante a fin de semana do 8 e 9 de xuño.
Arredor de 200 deportistas de distintas federacións territoriais, entre os que se topan os mellores levantadores do país, daranse cita na capital de As Burgas para loitar por conseguir as súas medallas.
A Federación Galega de Halterofilia levará a os equipos masculino e feminino na súa totalidade, con 10 participantes por equipo, para intentar optar tamén a unha posición privilexiada no Campionato Nacional Absoluto por Federacións.